8 Xuño, 2020

Recollida solidaria de alimentos, o sábado 13 en Bertamiráns

A Xuntanza de Empresarios de Ames e mais o departamento municipal de Voluntariado colaboran nunha campaña de recollida de alimentos destinados ao Banco de Alimentos local. O venres 13 de xuño terá lugar unha grande recollida na praza da Maía, pero tamén poderán doarse alimentos e outros produtos nos establecementos adheridos á XEA en calquera data.

Baixo a cancela #NingunFogarSenAlimentos, a campaña oriéntase á recollida de produtos e alimentos non perecedeiros. Os que fan máis falta son produtos infantís (cueiros, leite de inicio, leite de continuación…), así como produtos de hixiene (champú, pasta de dentes…) e conservas. Aínda así, recolleranse todos os alimentos que se doen sen facer ningún tipo de excepción.

Gran recollida do sábado 13 de xuño
O próximo sábado, 13 de xuño, desenvolverase esa gran recollida de alimentos e produtos na Praza da Maía. Alí, poderá achegarse todo aquel que queira participar coa súa doazón en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.00 horas.

Posteriormente, o voluntariado será o que se encargue de repartir todos os produtos doados entre as familias que máis o necesitan.