12 Maio, 2017

Seguen os problemas de facturación da auga

O Goberno ditou xaneiro deste ano un decreto no que se prohibía a suspensión do suministro aos aboados que non cumprían o requerido polo regulamento

Os Populares de Ames seguen a denunciar os diversos problemas de facturación do servizo de auga por parte de empresa concesionaria, Acciona-Espina Servizos. En decembro do ano pasado, o Grupo Municipal Popular advirtiu sobre a posibilidade de posibles erros na facturación en Ames. A advertencia facíase como consecuencua das numerosas queixas de veciños e veciñas que recibiron facturas con importes altos. Os Populares instaban a que comezase o proceso de comprobación dos feitos e se tomasen as medidas oportunas.

O Goberno recadou toda a información ao respecto, e tras comprobar fallos na xestión e na imposibilidade de distinguir entre impagos puntuais e reiterados no más de 1300 afectados, ditou en xaneiro deste ano un decreto no que se prohibía a suspensión do suministro aos aboados que tivesen recibos pendentes.

Según consta a nota de prensa que enviou o Partido Popular a esta redacción, “temos constancia de que seguen existindo problemas xa que os veciños e veciñas non están a recibir respostas as súas reclamacións ao mesmo tempo que reciben avisos da suspensión do servizo e ao corte do sumunistro de auga e saneamento”.

Os Populares reclaman que o Goberno local se “implique decididamente e se tome máis en serio o problema, tomando medidas efectivas como é a de instar á empresa prestataria a que admita todas as solicitudes de mediación e arbitraxe que os veciños poidan plantexar a través das correspondentes reclamacións que presenten no Instituto Galego de Cosumo”.