Os datos feitos públicos este xoves, día 1 de xullo, sobre os casos de COVID-19 en Ames amosan un incremento en seis novos casos para un total de 26 fronte aos 20 do día 29. Son datos da Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza trasladados ao Concello. A incidencia acumulada a 7 días é de 69 casos (59 hai dous días), mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 81 casos (62 hai dous días).
“Unha vez máis incídese en que é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade”, sinalan desde o Concello.