2 Xullo, 2021

Setenta inscricións nas actividades municipais de natación

Ata setenta persoas solicitaron inscribirse nas actividades de natación que organiza o Concello este mes de xullo no marco das actividades de verán. Cincuenta delas son para a piscina do Milladoiro, coas outras vinte en Bertamiráns. Os cursos impártense de luns a venres nas piscinas descubertas e están organizados en función da idade das persoas participantes. O prezo das actividades é de 20 euros (10 euros no caso de ser 2º membro e 5 euros no de terceiros e restantes).

O 12 de xullo abrirase o prazo para inscribirse nos cursos de natación que se impartirán en agosto. Os interesados poderán apuntarse a través da plataforma Cronos ata o 23 de xullo.