7 Outubro, 2022

“Smoke on the water” combina teatro e rock o día 14 no Milladoiro

A compañía Ibuprofeno Teatro protagoniza unha nova proposta de artes escénicas en Ames neste outono, coa obra “Smoke on the water”. O espectáculo, que combina teatro con música en directo, conta unha historia de amor tinguida de sexo, drogas, e o rock and roll dos anos 70. Será o próximo venres 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.