4 Maio, 2026

Terceira edición do programa de cesación de tabaco incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, dá conta dunha das actividades que se van a impartir durante as vindeiras semanas. Tratase dun programa gratuíto de cesación de tabaco en grupo, para todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar. Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo en colaboración con outros profesionais. As inscricións poden tramitarse ata o martes 5 de maio, ás 14.00 horas. Para inscribirse hai que premer nesta ligazón e cubrir o formulario de inscrición. Neste programa daráselle prioridade ás persoas empadroadas no concello de Ames.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, explica que “este é a terceira edición deste programa que está incluído no plan municipal de benestar emocional e saúde mental. Trátase dun programa que estamos organizando desde 2024 e que está funcionando moi ben. O obxectivo é axudar a aquelas persoas que queren deixar de fumar para mellorar a súa propia saúde e a das persoas que están ao seu arredor”.

Este programa propón unha abordaxe multidisciplinar do tabaquismo e será realizado por unha psicóloga con formación específica en tabaquismo en colaboración con outros profesionais. Para elo emprégase un programa multicompoñente que ten a maior evidencia científica demostrada para deixar de fumar. Dito programa vaise impartir na Casa da Cultura do Milladoiro os días 6, 11, 20 e 27 de maio; e os días 3 e 29 de xuño.

Comezarase o mércores 6 de maio cunha entrevista individualizada a cada usuario/a participante. Deste xeito, impartiranse seis sesións presenciais e posteriormente, unha vez rematado o programa, haberá tres sesións de seguimento por teléfono. Excepto na primeira sesión, na que cada usuario/a terá un horario específico, o resto de sesión vanse impartir de 18.00 a 19.30 horas.

Para inscribirse hai que premer nesta ligazón e cubrir o formulario de inscrición. Para solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo uneames@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 617 485 662.