7 Outubro, 2020

Tres casos activos no CEP de Ventín

Na súa actualización diaria de casos, a Xunta informou hoxe de que os casos activos de COVID-19 no ensino de Ames son agora mesmo tres localizados no CEP de Ventín, onde se produciu unha corentena na que non se avisou ás familias, aínda que non trascendeu se estes casos teñen que ver con este aparente erro dos rastrexadores. Deixan de estar activos, así, os casos rexistrados no IES e na EEI do Milladoiro.

O número de casos activos no municipio coñecidos a día de hoxe polo Concello é de 76.