29 Xuño, 2017

A Tropa Verde en acción en Ames

Durante o reparto, tamén se entregarán estrelas e aproveitarase para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade Tropa Verde.

Este sábado, 1 de xullo, entre as 10:00 h e as 14:00 horas, desenvolverase na Praza do Concello de Bertamiráns unha iniciativa que versa fomentar a reciclaxe entre a veciñanza amesá. Entre as 10:00h e as 13:00 horas, haberá unha acción de rúa consistente no reparto de diferentes plantas como leitugas, repolos e brécol. Durante o reparto, tamén se entregarán estrelase aproveitarase para informar das vantaxes que ten formar parte da comunidade.

Para as gañadoras ou gañadores do xogo haberá tres premios. O primeiro premio consiste nun xogo científico de casa solar (Science4you), un cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto, unha chapa da Tropa Verde de Ames e máis un cheque Tropa Verde con 10 estrelas. O segundo premio é semellante ao primeiro, só que inclúe un xogo científico de avión (Science4you), en vez do da casa solar. Por último, o terceiro premio non incluirá ningún xogo, mais si o cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto, unha chapa Tropa Verde de Ames e un cheque de Tropa Verde con 10 estrelas.

Tropa Verde é un proxecto desenvolvido pola empresa Teimas Desenvolvemento, en colaboración coas empresas Urbaser e FCC. O seu obxectivo principal é concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que se tenta potenciar o comercio local