O vindeiro 27 de novembro, sábado, terá lugar unha nova actividade do programa Trouleando da Concellaría de Mocidade. Consistirá nunha xornada de xogos de escapismo enfocados á aventura e ao misterio. Os participantes vivirán unha historia da que serán protagonistas e deberán confiar na súa propia capacidade para resolver as encrucilladas que a historia lles pon no seu camiño utilizando o traballo en equipo, a comunicación e o enxeño.
A actividade transcorrerá nun centro de ocio escape room a través de tres xogos distintos con ambientacións e reto propios. Realizarase en dúas quendas, unha que partirá ás 15h do Pazo da Peregrina (Bertamiráns). A segunda sairá da Casa da Cultura do Milladoiro ás 17:30.
A xornada de scape room está aberta a mozas e mozos empadroados en Ames nados en 2009 ou antes. Para participar hai que cubrir a ficha de inscrición e enviala a omix@concellodeames.gal. O prazo para inscribirse é entre o 11 e o 17 de novembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de chegada ata completar o aforo das salas.