A Concellaría de Mocidade de Ames organiza unha nova actividade do programa Trouleando, desta volta, cunha xornada no Karting Marineda da Coruña, o circuíto indoor máis grande de Galicia. Terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro e, como vén sendo habitual, ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ata o 17 de novembro. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.
Trouleando volve este mes de novembro cunha xornada de Karting o 29-N. Apúntate antes do 17