29 Novembro, 2022

Un Pleno extraordinario de Ames desestima un recurso sobre a contratación do SAF

O Pleno municipal de Ames reuniuse na tarde de onte en sesión extraordinaria centrada no expediente de licitación do SAF (servizo de axuda no fogar). Deste modo, avaliouse a proposta de desestimación do recurso especial en materia de contratación presentado pola licitadora Osventos Innovación en Servizos S.L., fronte ao acordo de Xunta de Goberno Local de exclusión do expediente de licitación do servizo de axuda no fogar do Concello de Ames.

A concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, explicou que a empresa Osventos Innovación en Servizos “non cumpría coa solvencia técnica e profesional necesaria para a execución do contrato”. A empresa presentou un recurso especial a esta decisión.

O concelleiro José Ramón Oulego de Ciudadano votou en contra en todos os puntos ao considerar que “a forma de tramitar este pleno, tanto en forma como en contido” deixaba “bastante que desexar”. O concelleiro do grupo mixto, Quique Costas, de Ames Novo, explicou que non tivo “tempo de estudar a documentación deste pleno polo que é moi difícil pronunciarse”, pero asegurou que en todo caso se tratab dunha decisión “pouco transcendete” xa que tomará a decisión sobre se hai motivos para a exclusión da oferta da empresa o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Xunta de Galicia. or parte do grupo municipal popular, Javier Olmo, lamentou que “nos teñamos que decatar deste xeito de que se excluíron empresas do procedemento de licitación e de que se interpuxo un recurso especial en materia de contratación”.

Finalmente, o punto aprobouse con maioría absoluta e o voto positivo dos membro do goberno e do concelleiro Quique Costas. PP e Ciudadanos votaron en contra.

Tamén foi aprobada a convalidación dos acordos de clasificación de ofertas realizados pola Xunta de Goberno Local, e a delegación do Pleno na Xunta de Goberno Local das competencias como órgano de contratación en dito expediente de licitación.