2 Outubro, 2020

Un positivo por COVID-19 no CEP de Ventín

A Xunta de Galicia informou hoxe dun novo caso positivo por COVID-19 no ensino de Ames. Este caso detectouse no CEP de Ventín, e súmase aos tres xa coñecidos no municipio, repartidos entre o IES e a EEI do Milladoiro. Son, xa que logo, catro os casos activos no ensino en Ames.

Os casos totais coñecidos no concello, con data de onte, indican que hai 58 persoas que deron positivo en COVID-19 na localidade. 

Infórmase de que o número de casos activos no concello de Ames, este xoves 1 de outubro de 2020, descende a 58 persoas.

Dende o Concello de Ames insístese na necesidade de colaboración por parte de toda a cidadanía para o cumprimento exhaustivo das normas.