Unha avaría na rede eléctrica de Bertamiráns deixa sen luz a unha gran parte das vivendas e negocios dende as 15:00
Este mércores, 27 de setembro, pasará a ser un día non moi bo para os veciños e veciñas de Bertamiráns. Unha avaría na rede eléctrica da localidade deixa sen luz a unha gran parte das vivendas e negocios dende as 15:00 da tarde. A compañía Unión Fenosa está traballando dende fai horas para poder arranxar o acontecido.
Todas aquelas persoas perxudicada polo apagón poden poñer unha reclamación no Instituto Galego de Consumo ou asesorarse nas oficinas da Unión de Consumidores de Galicia que dispón o concello en Bertamiráns e Milladoiro.
Se eres unha das persoas afectadas polo corte de luz e queres amosarnos os problemas que che ocasionaron, podes enviar as túas fotos ao correo redaccion@amsgo.es ou na nosa páxina de Facebook.