9 Xuño, 2017

Unha muller de Ames resultou ferida tras ser atropellada por un camión en Santiago

O suceso ocorreu esta mañá no barrio de Vista Alegre e a ferida quedou en observación nun centro sanitario e, en princpio non presentaba lesións graves

Unha muller de 66 anos de idade e veciña de Ames resultou ferida tras ser atropelada por un camión esta mañá en Santiago.O accidente produciuse sobre as 9.50 horas, cando a señora cruzou a rúa Travesa de Vista Alegre e foi arroiada por un camión de transporte de froita. Un particular deu aviso ao centro de atención ás emerxencias do 112 Galicia, que inmediatamente enviou á zona a Urxencias Médicas e a efectivos da Policía Local e dos Bombeiros de Santiago. A ferida, que en principio presentaba lesións non graves aínda que quedou en observación nun centro médico, estaba accesible na calzada, polo que non houbo problemas para que fose atendida polos sanitarios.