Segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, o proxenitor levou ao maior ao colexio e esqueceuse de deixar á nena na gardería tras recibir unha chamada cando pasaba por diante do seu centro de traballo.
Estas fontes explicaron que o home, ao recibir a chamada, estacionou o vehículo e acudiu ao o seu traballo sen decatarse de que non deixara á mellor na gardería.
Cando a nai foi recoller á nena á gardería decatáronse do suceso e trasladaron á menor ao PAC de Bertamiráns, onde segundo indicaron outras fontes, explicaron que se deixaran esquecida á menor.
Pola súa banda, fontes sanitarias informaron de que a menor foi asistida no PAC de Bertamiráns sobre as 16,00 horas, onde acudiu tamén unha ambulancia medicalizada que realizou manobras de reanimación sen lograr xa que se recuperase.
O CIAE 112 Galicia explicou que o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) ofrece atención especializada á familia.
O suceso tivo lugar nunha xornada na que se rexistraron altas temperaturas. O Equipo Territorial de Policía Xudicial de Santiago, da Garda Civil, investiga os feitos.
Fontes municipais avanzaron que se decretarán dous días de loito oficial en sinal de condolencia e que se está ultimando a convocatoria dun minuto de silencio para a xornada do venres.
Loito Oficial:
Comunicado do Concello
O Concello de Brión decreta dous días de loito oficial polo tráxico falecemento dunha menor de idade no día de onte no noso municipio. Durante ese período (21 e 22 de maio) as bandeiras exteriores do Concello de Brión ondearán a media hasta nos edificios municipais.
Así mesmo, convócase a todos os veciños e veciñas a gardar un minuto de silencio en sinal de dó mañá venres 22 de maio, ás 12:00 horas, na praza do Concello.
Finalmente queremos trasladar o noso máis sentido pésame e todo o noso apoio á familia da pequena que onte perdeu a vida en Brión, así como a todas as súas amizades, ao tempo que poñemos á súa disposición todos os recursos municipais que precisen nestes duros momentos.
Descanse en paz.