12 Xuño, 2017

Unha persoa ferida nun accidente na AG-56 á altura do concello de Ames

O sinistro tivo lugar pouco antes das 9,30 horas na saída Este de Bertamiráns da autovía AG-56

Ferida unha persoa nun choque en Ames tras entrar por sentido prohibido na autovía

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste luns debido a un choque entre dous turismos ocorrido ao entrar un vehículo polo sentido prohibido na autovía AG-56.

Ao lugar o 061 desprazouse unha ambulancia asistencial que levou á persoa ferida ao Hospital La Rosaleda, en Santiago, segundo confirmaron fontes sanitarias. Foron mobilizados o 061 e a Guardia Civil de Tráfico. A Policía Local de Ames avisou ao 112 dos feitos e indicou que unha persoa maior entrou por sentido prohibido na autovía, debido ao que esta resultou ferida leve.