O VI Campus de fútbol BFC desenvolverase durante a última semana do mes de xuño. A inscrición está aberta ata o 10 de xuño
O VI Campus de fútbol BFC desenvolverase durante a última semana do mes de xuño. Os pais e nais dos nenos e nenas de 5 a 14 anos que desexen participar nesta actividade teñen ata o 10 de xuño para tramitar a súa inscrición. Toda a información sobre o custo, descontos aplicables, impresos de inscrición… atópase dende hoxe na páxina web do club amesán www.bertamiransfc.com
Os rapaces e rapazas participantes estarán divididos en varios grupos. Haberá un traballo específico para os porteiros e outro dedicado aos xogadores de campo. Todos os participantes traballarán diversos aspectos do xogo (condución, control, pase, caneos, desmarques, entradas, marcaxes…), verán vídeos, e porán en práctica o aprendido durante o campus participando en competicións. Deste xeito, traballarase tanto o aspecto táctico como o apartado técnico. Todas estas nocións combinaranse con diversas actividades de lecer como piscina.