8 Maio, 2017

Volven os contacontos

A programación de contacontos vaise a desenvolver ata finais do mes de maio

A Concellería de Cultura e Educación, liderada por David Santomil, preparou para este mes de maio a programación de contacontos que se van a desenvolver nos locais sociais de Augapesada e Bugallido, así como nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns. Ao longo desta semana haberá catro sesións de contos. As sesións de contacontos están dirixidas especialmente aos nenos/as de entre 3 e 9 anos. Estas actividades desenvolveranse a partir das 18:00 horas.

Os luns 8 e 22 de maio, ás 18:00 horas, os máis pequenos e pequenas teñen unha nova cita no local social de Augapesada, para escoitar novas historias baixo os títulos Ratos, ratiñas e as súas cousiñas e Contos da lareira. Por outra banda, os martes 9 e 23 de maio tamén haberá contacontos no local sociocultural de Bugallido, onde O vixilante dos sonos e A nena do saco van ser os temas destas sesións que están dirixidas a nenos/as de 3 a 9 anos.

A programación de contacontos continúa o mércores 10 e o xoves 11 nas Biblioteca municipais do Milladoiro e de Bertamiráns, respectivamente, onde se van a desenvolver novas sesións de contos baixo o título Outro mundo por descubrir: As viaxes de Irene. Os contos volverán a biblioteca do Milladoiro e de Bertamiráns o martes 23 e o mércores 24 de maio. Neste caso baixo o título Flipa cos contos.