O xoves, 16 de setembro, presentarase a Ruta do Apego de Ames, situada nun dos tramos da ruta das Ribeiras do Tambre, entre as parroquias de Lens e Oca. Con este motivo organízase nun andaina guiada dirixida a familias con crianzas na se realizarán actividades ambientais. As persoas interesadas en asistir poden anotarse ata o 15 de setembro enviando un email a normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas quen van participar, idade das crianzas e un teléfono de contacto.
O programa Apego, actividades formación e recursos para familias
O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia que apoia as familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.