Achégase a festa do Entroido e o Concello anuncia que o concurso de disfraces, que repartirá 3.800 euros en premios, abre o seu período de inscricións ata o próximo día 24 de febreiro ás 11h. Ese mesmo día, a partir das 17h, terá lugar a xa tradicional festa municipal no aparcadoiro da Travesía do Porto do Milladoiro.
As categorías do concurso inclúen infantil, adultos, grupos e comparsas. En infantil e adultos pódese participar de maneira individual ou por parellas. Prevense tamén dous premios especiais de 125 euros aos mellores disfraces realizados con material reciclado, valorados segundo creatividade, caracterización e orixinalidade.
A festa incluirá as actuacións da charanga Mekanika e da Gramola Gominola.