6 Xullo, 2021

Xoves de contacontos nos ‘Seráns de Tapia’

A segunda sesión do programa cultural “Seráns de Tapia” terá lugar dende as 17.30 horas do xoves 8 de xullo con dous contacontos inantís, “Conto Contiño”, das bibliotecas municipais, e “Andar os Biosbardos”, de Charo Pita. A xornada continuará coas Lavandeiras” , de Vero Rilo e Sonsoles Peñadique para rematar co espectáculo “Estrelas”, de Soledad Felloza. Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.

O programa “Seráns de Tapia”, organizado pola Concellaría de Cultura, coordinado polas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística achega este xoves as Voces no Tambre, catro sesións de contacontos dirixidos a un público infantil e adulto.

Todos os xoves de xullo e agosto a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos.